Pasaporte de emprego

REVISA O TEU CV

Espazo no que poderás recibir asesoramento para mellorar o teu CV e recibir consellos para as potenciais entrevistas

Envia o teu CV para revisión:

Podes enviar o teu CV por mail a orientacionlaboral@uvigo.es indicando no asunto do correo PASAPORTE DE EMPREGO.

Pide unha cita presencial ao servizo de orientación:

Outra opción é que pidas unha cita para unha revisión presencial antes de que comece EMPREGOinCAMPUS.

Acude directamente à feira:

Solicita unha cita para revisar o teu CV o día de celebración de EMPREGOinCAMPUS no teu campus.

SÁCATE UNHA FOTO DA MAN DUN PROFESIONAL

O día que se celebre EMPREGOinCAMPUS no teu campus podes facerte unha foto profesional para usala no teu CV e RR.SS profesionais. Pásate polo espazo  o día da feira e aproveita esta oportunidade!.

Descarga e asina este documento e aforra tempo