A Universidade de Vigo organiza unha nova edición de EMPREGOinCAMPUS, unha serie de feiras organizadas nos campus da Universidade de Vigo, nacida para pór en contacto ás persoas egresadas e ao estudantado do último curso con empresas e outras entidades que estean á procura de talento na nosa universidade.

Como ven sendo habitual, e co fin de dar a coñecer de primeira man as oportunidades profesionais e contactar directamente coas persoas responsables da selección, agardámosvos cunha feira transversal o 16 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e outra, tamén xenérica pero cunha maior representación de empresas do ámbito agrobiolóxico, turístico e da intervención social no Campus de Ourense o día 22 de abril.

Manuel Joaquín Reigosa Roger

REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO