CV, CARTA DE PRESENTACIÓN E ENTREVISTA

Antes de enviar a túa candidatura a algunha das entidades participantes en “EMPREGOinCAMPUS”, ten preparado o teu CV e carta de presentación.

REDACTA UNHA CARTA DE PRESENTACIÓN

Prepara unha carta personalizada, breve, directa e clara de non máis de tres parágrafos, expresando unha idea por cada un deles e evitando expresións negativas. Lembra, a carta debe espertar interese pola túa candidatura.

CREA UN CV ATRACTIVO E QUE DEFINA A TUA PERSONALIDADE

Estrutura o contido agrupando os datos en apartados, e incluso podes resaltar os datos mais interesantes para facilitar a lectura. Redáctao de forma impersoal, sen faltas de ortografía, con palabras clave do sector ou da posición á que te presentas e cunha extensión máxima dunha folla.

GRABA O TEU VIDEOCURRICULUM

Se queres aportar un valor diferencial a túa candidatura e darlle vida ao teu CV, convertendo unha información plana en emoción, atrévete a grabar un videocurriculum. A duración máxima é de 2-3 min e tes que incluir o enlace a plataforma youtube onde o subas. Se queres, hai un obradoiro ao que podes asistir para aprender a facelo.

INCLÚE UNHA FOTOGRAFÍA ADECUADA E DE CALIDADE

Busca unha foto neutra, na que se vea a cara e na que amoses unha boa actitude e profesionalidade.

REXÍSTRACHE

Entra en «Acceso Estudantes e Alumni», sube a túa carta e o teu CV e descarga o código QR para presentalo aos responsables de RRHH que estarán presentes na feira.

PREPÁRATE PARA O ENCONTRO OU PARA UNHA POSIBLE ENTREVISTA DE
SELECCIÓN

Antes de ir a presentar a túa candidatura infórmate sobre a empresa, a súa actividade e as súas últimas noticias, iso permitirache demostrar interese e motivación polo posto de traballo. Se despois che citan para unha entrevista persoal, mantén unha actitude positiva, e lembra que é importante coidar tanto o saúdo como a despedida. Prestar atención á túa comunicación e ao que contas e como o contas, te define como persoa.

QUERES QUE TE AXUDEMOS?

Se queres aprender a mellorar o teu CV ou carta de presentación, invitámoste a que participes nos obradoiros que se organizan nos campus antes das feiras. Se o que queres é que te o revisemos, podes enviar o teu CV ou carta de presentación por mail a: orientacionlaboral@uvigo.es, indicando no asunto do correo PASAPORTE DE EMPREGO.
Outra opción para axudarche a enfocar a tua busca de emprego e que solicites unha cita de orientación cubrindo este formulario

OUTROS RECURSOS

FERRAMIENTAS E COMPETENCIAS PARA ENFRENTAR UNHA ENTREVISTA DE EMPREGO “ONLINE”

APRENDE A VENDERTE A TRAVÉS DO TEU CV

IMPORTANCIA DA PEGADA DIXITAL: POSICIONAMIENTO E FORTALEZAS DAS DIFERENTES REDES SOCIAIS