A Universidade de Vigo organiza unha nova edición de EMPREGOinCAMPUS, unha serie de feiras organizadas nos campus da Universidade de Vigo, nacida para pór en contacto ás persoas egresadas e ao estudantado do último curso con empresas e outras entidades que estean á procura de talento na nosa universidade.

Como ven sendo habitual, e co fin de dar a coñecer de primeira man as oportunidades profesionais e contactar directamente coas persoas responsables da selección, agardámosvos cunha feira transversal o 27 e 28 de febreiro na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; os días 5 a 7 de marzo no Foro Tecnolóxico, onde haberá unha maior representación de empresas que buscan talento nos ámbitos das enxeñerías; e nunha terceira feira, tamén xenérica pero cunha maior representación de empresas do ámbito agrobiolóxico, turístico e da intervención social no Campus de Ourense o día 18 de abril.

Manuel Joaquín Reigosa Roger

REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO