EMPREGOinCAMPUS brinda a comunidade universitaria a oportunidade de coñecer de primeira man as oportunidades profesionais que ofrecen mais de 100 entidades de moi diversos sectores e contactar directamente cos seus responsables de selección.
Xunto coa visita aos stands, durante a feria desenvólvense varias actividades complementarias:
Por un lado, as persoas visitantes ten a súa disposición o “Pasaporte de Empregabilidade”, un espazo no que poderán recibir asesoramento sobre o seu CV e facerse unha foto de calidade para que podan usala no seu CV ou redes sociais profesionais.
A entrega do CV ás empresas se fai a través dun código QR que se xenera cando as persoas candidatas (estudantes e alumni) se rexistren.